viernes, 26 de mayo de 2017

Tranzit Black Ops 2

Este modo do Call of Duty Black Ops 2 consiste en ir atopando pistas para tentar sobrevivir a todos os zombis que cheguen, os cales aumentan a súa forza, aguante e velocidade van aumentando conforme vas avanzando de rolda.
Neste modo de xogo temos un personaxe chamado Richtofen que che dirá o que obtiveches no momento de obter unha maxia (Nuke, munición máxima, morte instantánea, dobre puntuación, reparación de barricadas), Richtofen tamén che dará consellos de como conseguir a torre de babel, aínda que isto só é posible se es Samuel, un dos protagonistas deste xeito de xogo.
Os protagonistas desta aventura son Samuel (o único capaz de escoitar a Richtofen), Russman, Marlton Johnson e Abigail "Misty" Briarton (a única muller deste modo)
Igual que maxias tamén hai difenrentes poderes que consegues ao gastar unha serie de puntos en determinadas máquinas, estes poden ser:

  • Revivir rápido (recoméndovolo para un xogador)
  • Speed Cola (esta danos velocidade ao recargar)
  • Stamina+ (máis aguante ao correr)
  • Dobre tiro
  • Lápida (só multijugador)
  • Titán (máis aguante aos golpes dos zombis)

A pesar de que o mapa de Green Run divídese en varias partes, o Autobús de TranZit só se deterá en cinco delas. A desarrolladora Treyarch tamén engadiu o mapa Zombies orixinal Nacht der Untoten como un "Ovo de pascua" entre a Granxa e a Planta de enerxía. Tamén, entre a Parada de autobús e o Restaurante hai un pequeno túnel accesible por medio do autobús ou a pé. No maizal, pódese acceder a unha torre de enerxía mediante outro maizal deseñado como un labirinto. A última parada oculta é a cabana do cazador a cal se atopa nun costado do camiño entre a Planta de enerxía e o Pobo, dentro da cabana atópase o coitelo Bowie e unha peza da arma de zombies construible coñecida como "Thrustodyne Aeronautics Model 23" (tamén chamada Jet Gun).


                                                                                    Por Fran Martínez Feijoo

No hay comentarios:

Publicar un comentario