lunes, 29 de mayo de 2017

A gran Barrerira de Coral

Os que tiveron o privilexio de viaxar ata a Estación Espacial Internacional din que alí, desde unha altura de máis de 360 quilómetros, un dos elementos terrestres máis reconocibles do noso planeta é a Gran Barreira de Coral Australiana. A barreira esténdese ao longo de 2.600 quilómetros, fronte ao estado de Queensland, en paralelo á costa nordés da gran illa-continente. É dicir, unha distancia similar á que separa Madrid de Budapest. De feito, moitos a consideran o ser vivo máis grande do planeta, cunha extensión de case 35 millóns de hectáreas, na que se poden atopar ata 70 hábitats diferentes. Aínda que, para facer honra á verdade, non se trata dun só arrecife senón de máis de 2.900, ás veces tan próximos entre si que é lóxico englobalos dentro dunha soa unidade. 

Máis aló da impresión que produce a súa inmensa extensión, polo que realmente é valorada a Gran
Barreira de Coral é por ser o hábitat de máis de 1.800 especies de peixes, incluídas 150 de quenllas, unhas 5.000 de moluscos e máis de 400 de corais diferentes. A súa riqueza atrae a trinta tipos de cetáceos, como a balea amolada, a balea minke-anana, numerosos golfiños e dugongos, e máis de 200 especies de aves, entre as que destacan o aguia de mar de ventre branco ou o charrán rosado. Ademais, hai que mencionar numerosos tipos de anfibios e réptiles, con rarezas como os crocodilos de auga salgada, que habitan nas zonas de manglares, e as tartarugas mariñas puidendo ser contempladas cando pola noite achéganse ás praias virxes da zona para depositar os seus ovos en foxos que cavan na area.

Boa parte da singularidade ambiental desta contorna está protexida grazas ao chamado Parque Mariño da Gran Barreira de Coral, incluído na lista de Patrimonio da Humanidade da Unesco desde o ano 1981. Protección que impón unhas medidas que, por exemplo, prohiben ancorar os barcos de recreo e desembarcar sobre os corais.

A ninguén lle estraña que, ante unha biodiversidade tan ben conservada, a Gran Barreira sexa o destino soñado por submarinistas e oceanógrafos, que veñen desde todo o planeta para admirar e estudar tan prodixiosa estrutura natural. A principal consecuencia é que boa parte da costa de Queensland foi transformada e edificada para ofrecer ás visitantes infraestruturas turísticas. 

Rodrigo Justo Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario