lunes, 22 de mayo de 2017

Termita (Mecla Reactante)

A Termita é un tipo de composición pirotécnica de aluminio e un óxido metálico, o cal produce unha reacción alumino-térmica coñecida como reacción termita. O aluminio é oxidado polo óxido doutro metal. Os produtos da reacción química son óxido de aluminio e ferro elemental libre, desprendéndose ademais unha gran cantidade de calor.

2 Al + Fe 2 O3 → Al 2 O3 + 2 Fe

As reaccións convencionais da termita requiren moi altas temperaturas de iniciación. Isto non pode lograrse con pólvora negra, nitrocelulosa, nin con ningún iniciador pirotécnico nin con outras sustancias que arden. Mesmo cando a termita está quente a lume vivo non acenderá; máis ben deberá estar a lume branco para iniciarse a reacción.

O uso da termita é perigoso debido ás temperaturas extremadamente altas que produce (chegando a alcanzar os 2200 Cº)  e ao feito de que é case imposible sufocar a reacción unha vez iniciada. Deben tomarse todas as precaucións apropiadas antes de acender a termita. A reacción libera radiación ultravioleta, perigosa para a vista, polo que debe evitarse o mirar a reacción directamente ou debe usarse unha protección especial como unha máscara de soldador. A termita non debe usarse preto de materiais inflamables, xa que se poden liberar pequenas cantidades de ferro fundido durante a reacción, que poden viaxar distancias considerables e derretir colectores de metal, incendiando os seus contidos. 

A reacción de termita pode ter diversos usos. Foi usada orixinalmente para reparar e soldar in situ rodas de ferrocarril onde a reparación pode ter lugar sen quitar a peza da súa localización orixinal. Pode ser usada para o corte rápido ou soldadura de rieles sen requirir de equipo pesado. Por outro lado, as granadas de termita son usadas como dispositivos incendiarios para destruír rapidamente equipo inimigo.



Rodrigo Justo Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario