viernes, 12 de mayo de 2017

Os Dinosaurios máis raros


  •  O Pegomastax africanus:
    Pegomastax africanus
    Este dinosauro de pequeno tamaño (pesaba menos que un gato doméstico) e o corpo cuberto de porcas como un puerco espín, tiña unha cara semellante á dun papagaio e un par de cabeiros punzantes como os dun vampiro. O Pegomastax africanus (mandíbula grosa de África) era herbívoro e habitou a Terra fai 200 millóns de anos, cando o supercontinente Pangea comezaba a dividirse en dous. Os seus restos apareceron orixinalmente nos anos 60 en Sudáfrica, pero non foi ata 2012 que se deu a coñecer como unha especie diferenciada.
  • O Eodromaeus(antecesor doTiranosaurio rex)  , que significa «o corredor da madrugada», era todo un velocista. Achado en Arxentina, este depredador viviu fai uns 320 millóns de anos, nos albores da era dos dinosauros. Posuía un pescozo estilizado e unha cola larguísima, medía case dous metros de longo e pesaba entre 4,5 e 7 quilos, pouco máis que un can pequeno. Os paleontólogos considérano a orixe dunha longa saga de carnívoros que culminaría co Tiranosaurio rex.
  • O Koreaceratops, descuberto en Corea do Sur, levaba unha vida semiacuática fai 103 millóns de anos. Era bípedo, herbívoro e medía ao redor de metro e medio de lonxitude. Axudábase dunha cola plana para moverse na auga.

Eodromaeus
 Koreaceraptos



     Linhenykus monodactylus
    • Miúdo e lixeiro, do tamaño dun papagaio grande, este dinosauro descuberto na rexión de Mongolia Interior (China) distínguese por ter un único dedo, unha pinza que seguramente utilizaba para escavar nos niños de insectos. É o único dinosauro deste tipo que se coñece, unha rareza de fai uns 80 millóns de anos que pode ser froito da evolución natural. Chámase Linhenykus monodactylus pola cidade de Linhe, próxima ao lugar onde os seus restos foron atopados.

      Torvosaurus gurneyi
    • Fai 150 millóns de anos, o maior depredador terrestre que xamais se coñeceu en Europa paseaba o seu terrorífico aspecto pola Península ibérica. O Torvosaurus gurneyi, descuberto nun xacemento ao norte de Lisboa, non tiña adversario que se lle puidese comparar. Este «monstro» do Jurásico medía dez metros de altura e pesaba cinco toneladas. Tiña uns dentes en forma de coitela de dez cm de longo, capaces de desgarrar calquera presa, incluídos outros grandes dinosauros.


    Alejandro Suárez Hervella

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario