lunes, 29 de mayo de 2017

A CAPITAL GATE

En xuño do 2010 o Guinness World Records certificou outro pequeno prodixio da arquitectura moderna. Esta torre que vemos na fotografía, bautizada como Capital Gate, é o «edificio máis inclinado do mundo feito polo home». Os inspectores de Guinnes certificaron que esta torre inaugurada en 2011 en Abu Dabi (Emiratos Árabes Unidos) alcanzou unha inclinación de 18º cara ao oeste, máis de catro veces superior á da Torre de Pisa (ten unha inclinación de catro graos) e 3 graos máis que as Torres Porta de Europa en Madrid, coñecidas como Torres Kio.


Capital Gate/ ABC.es


Unha fachada construída con metal e vidro protexe as 35 plantas da Capital Gate, asentado sobre 490 pilotes afundidos ata 30 metros de profundidade para protexer a estrutura das forzas sísmicas e as causadas polo vento, maiores se cabe polo peculiar deseño da torre, convertida en icona turística.

A torre Capital Gate, de 165 metros de altura, alberga un espazo de oficinas, un espectacular centro de negocios (Abu Dhabi National Exhibition Centre) e tamén o hotel Capital Gate Hyatt, de cinco estrelas, con 189 habitacións e suites situadas entre as plantas 18 e 33 do edificio.





Rubén Gómez Blanco

No hay comentarios:

Publicar un comentario