lunes, 15 de mayo de 2017

O maior predador de toda Europa:"Torvosaurus gurneyi"

Tiña dez metros de altura e un peso que roldaba as cinco toneladas. Trátase do maior depredador terrestre coñecido ata agora en Europa e acaba de ser descuberto en Portugal. Esta nova especie de dinosauro carnívoro prosperou no Jurásico, fai 150 millóns de anos. O achado publícase hoxe na revista PLOS ONE.

O equipo de paleontólogos liderados por Christophe Hendrickx e Octavio Mateus, da Universidade Nova de Lisboa e o Museu dá Lourinhã, descubriron os restos do novo dinosauro nun xacemento ao norte de Lisboa.

Ao principio, os investigadores atribuíron os ósos a unha especie coñecida, Torvosaurus tanneri, un dinosauro que viviu no continente americano. Pero unha análise máis detallada de varios restos (unha espinilla, unha mandíbula superior, dentes e vértebras da cola) levaron aos científicos á convicción de que se atopaban ante unha nova especie, á que decidiron chamar Torvosaurus gurneyi.

Dentes en forma de coitela:
O gran carnívoro contaba cunhas armas realmente aterradoras, entre elas uns dentes en forma de coitela de dez cm. de longo capaces de desgarrar calquera presa. E unha nada despreciable altura de dez metros. Sen dúbida, o dinosauro atopábase na cúspide da piramide alimenticia e, fai uns 150 millóns de anos, non había en toda a Península Ibérica un adversario capaz de enfrontarse a el.

Tanto polo número de dentes como polo tamaño e a forma da súa boca, este Torvosaurio europeo pódese distinguir perfectamente do seu parente americano. Trátase da segunda especie de Torvosaurio coñecida e foi, segundo os investigadores, o maior depredador de Europa durante o Xurásico.

Fran González Diz 4ºA

No hay comentarios:

Publicar un comentario