viernes, 5 de mayo de 2017

IA O FUTURO

A intelixencia artificial (IA) está a converterse nunha das apostas dixitais das grandes compañías tecnolóxicas co fin de xestionar o gran océano de información na Rede: cada día créanse 2,5 trillones de bytes de datos. Esa nova fronteira dixital converteuse no Dourado para empresas como Google, Amazon, Facebook e Apple (GAFA), onde van ir destinados os seus desenvolvementos tecnolóxicos dos próximos anos. Facebook quere axudar ás persoas cegas a ver a través da intelixencia artificial. Pola súa banda, Apple adquiriu a tecnoloxía Emotient, que detecta emocións a través do recoñecemento facial. Google segue mellorando o seu algoritmo, cada vez máis intelixente. O seu último invento: a ferramenta Deep Dream, capaz de crear imaxes baseándose noutras imaxes.

Tecnoloxías como Siri ou Google Now, baseadas na intelixencia artificial e big-data, axudan a navegar dunha forma máis humanizada pola inmensidade da Rede.

As aplicacións son infinitas, e din os expertos que poden ser moi beneficiosas, dende robots que escriben ata robots bibliotecarios que fan unha recomendación segundo o que liches anteriormente.

Pero non todo é tan bonito...


AGUSTÍN GALLEGO

1 comentario: