lunes, 15 de mayo de 2017

O DINOSAURO MÁIS RÁPIDO DO MUNDO

 Un grupo de científicos da Universidade de Manchester empregou simulacións por computador para estimar a velocidade que poderían alcanzar os dinosauros. O gañador desta peculiar carreira foi un dinosauro moi pequeno, do tamaño dun gato, que correría a 64 quilómetros/hora. Os resultados desta investigación foron publicados en 'Proceedings of the Royal Society B'.

O animal é coñecido como 'c
ompsognathus'. Viviu fai 150 millóns de anos. Tiña o aspecto dun lagarto; pesaba tres quilos e podía cubrir cen metros en pouco máis de seis segundos; o que resulta notable tendo en conta a súa pequena dimensión. Aínda máis: podería ser o animal de dúas patas máis rápido que se coñece, vivo ou extinguido.

O dinosauro podía alcanzar unha velocidade próxima aos 64 quilómetros/hora, o que lle permitiría adiantar a un avestruz, o ave viva máis rápida -sobre terra-. Tamén superaría ao 'velociraptor', un dinosauro ao que se lle atribúe, no mesmo nome, unha gran velocidade.

Para chegar a estes resultados os investigadores valéronse dun computador de gran capacidade, no que introduciron os detalles da anatomía de varios tipos de dinosauros, como o 'velociraptor', o 'tiranosaurio rex' ou o 'alosaurio'. Trátase de animais moi diferentes, aínda que só sexa polo tamaño. O 'tiranosaurio' pesaba ata seis toneladas, mentres que o pequeno 'compsognathus' só chegaba aos tres quilos.

POR:MIGUEL LORENZO PERAL 4A

No hay comentarios:

Publicar un comentario