viernes, 19 de mayo de 2017

PASTA DE DENTES PARA ELEFANTES

Este experimento mostra a reacción de descomposición do peróxido de hidróxeno catalizada polo yoduro potásico. O peróxido de hidróxeno (H2O2) normalmente descomponse producindo osíxeno molecular e auga, pero como esta reacción é tan lenta e os seus produtos son incoloros non se aprecia con facilidade.

 A súa fórmula é: 2H2O2 → 2H2O(l) + O2 (g)
Os iones yoduro procedentes do yoduro potásico actúan como catalizadores que aceleran
 o proceso sen consumirse no proceso. A presenza de iones yoduro cambia o mecanismo
 polo cal ocorre a reacción:
H
2
O
2
+IH
2
O
+IO
H
2
O
2
+IOH
2
O
+O
2
+I
PROCESO:
Coas lentes de seguridade postas, botamos ao redor de tres cuartas partes dunha cunca de auga osixenada na botella (as lentes son absolutamente necesarias, pois a auga osixenada pode irritarnos os ollos).
Acto seguido, engadimos un chorrito de colorante alimentario (unhas 8-10 pingas) e unha cullerada de deterxente líquido. Movemos suavemente a botella para que se mesturen as sustancias. 
Doutra banda, nunha pequena cunca, mesturamos unha cullerada de fermento con tres de auga quente (máis ben morna, se está demasiado quente o experimento non funciona) e removemos ben durante 30 segundos.
Finalmente, vertemos o contido da cunca na botella e... que comece o espectáculo!



POR: MIGUEL LORENZO PERAL 4ºA

No hay comentarios:

Publicar un comentario