viernes, 12 de mayo de 2017

Thecodontosaurus



Hoxe veremos un novo dinosauro: Thecodontosaurus. Este dinosauro foi un dinosauro de cadeira de réptil que viviu no triásico. 


Thecodontosaurus foi un dinosauro saurisquio sauropodomorfo tecodontosáurido. O cranio era estreito, tiña órbitas grandes e as mandíbulas con numerosos dentes curvos e serrados con forma de folla. O pescozo era curto, e as patas dianteiras tamén. Cada unha tiña cinco dedos nas mans, e cada unha contaba cunha garra estendida. As patas posteriores eran máis musculosas porque soportaban a maior parte do peso do animal. É moi probable que puidese moverse en dúas patas ou catro patas, dependendo de se fuxía dun depredador ou estaba nunha posición normal. A cola era longa para facer contrapeso do cranio. Tivo unha dieta herbívora, aínda que debido aos seus dentes semiafilados é ás veces considerados omnívoro.

Puido chegar a medir dous metros de lonxitude e 50 centímetros de altura. Thecodontosaurus significa "lagarto con dentes en concas". A única especie é Thecodontosaurus antiquus. Viviu no período Triásico, no subperiodo Rhaetiano.
Os primeiros restos fósiles nomeáronse e describiron en 1840 grazas a unha mandíbula parcial descuberta en Bristol. Outros descubrimentos atopados primeiramente conteñen dentes, mandíbulas, costelas, vértebras e algúns brazos e pernas parciais. Desde eses primeiros descubrimentos acháronse en Reino Unido máis esqueletos parciais, contando con cranios tamén, pertencentes a este dinosauro. Varios fósiles foron destruídos na Segunda Guerra Mundial, pero descubríronse posteriormente máis esqueletos, incluíndo un que levou a pensar nunha especie distinta, aínda que inválida.



Resultado de imagen de Thecodontosaurus


Alfonso Ruggiero García
                                            























No hay comentarios:

Publicar un comentario