viernes, 5 de mayo de 2017

Mediktor, un avance máis na IA

Mediktor é a primeira tecnoloxía de diagnóstico médico mediante intelixencia artificial, ensaiada con 1.500 pacientes dos hospitais Clínic de Barcelona e Clínico San Carlos de Madrid, acertou nun 91% dos casos.
A app, chamada Mediktor, combina tecnoloxías de intelixencia artificial, de recoñecemento de linguaxe natural e datos do paciente para detectar síntomas e ofrecer unha listaxe de posibles enfermidades, recomendacións e mesmo conectar en liña con persoal médico para recibir consello adicional.
Mediktor fai unha serie de preguntas sinxelas ao paciente ata chegar a unha listaxe de posibles prediagnósticos. Grazas aos seus potentes motores semánticos, Mediktor é capaz de interpretar os síntomas que explica o usuario utilizando linguaxe natural e levar a cabo un completo cuestionario médico dixital.

Pero a esta aplicación aínda quedalle moito por evolucionar supón un gran avance na Intelixencia Artificial.
Segundo a empresa, a aplicación vai dirixida a compañías de seguros e hospitais e, actualmente, utilízana máis de 600.000 usuarios de 196 países.
O cofundador de Mediktor Cristian Pascual afirmou que as novas ferramentas de prediagnóstico están a transformar a maneira en que as persoas accedemos ao sistema sanitario, achegando enormes beneficios para os equipos os médicos profesionais, pacientes e aseguradoras.
"Con todo, para gozar destes beneficios, temos que asegurar antes a precisión e o aval científico destas tecnoloxías, por iso estamos orgullosos de ofrecer ao mercado a primeira plataforma de avaliación de síntomas baseada en intelixencia artificial avalada pola comunidade científica", engadiu.

O doutor Joan Cháfer Vilaplana, da Unidade de Innovación do Hospital Clínico San Carlos, subliñou a importancia de predicir a necesidade de ingreso hospitalario dos pacientes."O noso obxectivo con Mediktor é predicir a necesidade de ingreso ou cirurxía durante o primeiro triaje de acceso ao servizo de urxencias, desta maneira, seremos capaces de reducir drasticamente os tempos de espera ata o ingreso en planta", augurou Cháfer.






      Alejandro Suárez Hervella

No hay comentarios:

Publicar un comentario