viernes, 26 de mayo de 2017

Que é o blockchain?

1.Definición

É unha das tecnoloxías máis innovadoras dos últimos tempos que cambiará o modo no que intercambiamos os datos, especialmente, as transaccións.

Blockchain permite facer un rexistro de operacións que se distribúen e sincronizan entre moitos computadores e que non pode alterarse sen consenso.

Supoñerá unha gran oportunidade para xerar novas ferramentas bancarias máis áxiles para os seus clientes, pero que aínda conta con varios e importantes retos por diante. Citigroup e Nasadq anunciaron a posta en marcha desta tecnoloxía que tamén adoptaron Cecabank e Grant Thornton no noso país.

2.Que vantaxes e riscos hai detrás da súa aplicación?

Descentralización, participación e autonomía son as características principais de blockchain, nacido da man da principal criptomoneda, o Bitcoin. Basicamente, é un algoritmo criptográfico. É dicir, unha secuencia de instrucións postas nun programa para que a máquina execute mediante un código criptográfico. Desta maneira, lógrase que non sexa accesible para quen non coñece a clave.

3.Contra ataques de ransomware:

O último ataque de ransomware que se produciu recentemente co verme informático Wannacry é un bo exemplo do dano que se consegue cando un problema de seguridade afecta as organizacións e como estas ven completamente indefensas ante estas ameazas, sobre todo cando ademais son incapaces de dar unha resposta adecuada. A tecnoloxía Blockchain ofrece unha visión de futuro sobre como ofrece potenciais solucións máis seguras descentralizadas.

4.Cales son os coñecementos mínimos de seguridade tecnolóxica que deberiamos coñecer todos e por que son importantes?
En xeral, os usuarios queren que se lles garanta unha seguridade perfecta e iso por moito que se queira, non é posible. E non é posible porque a seguridade réxese por percepcións e niveis de confianza, que son conceptos que se escapan do tecnolóxico e pasa a formar parte do substrato mental das persoas.
Se unha persoa ten a percepción de que está suficientemente segura, aínda que non o estea, non tomará as medidas adecuadas e o mesmo sucede se o caso é o contrario, se non sente seguro, calquera medida será insuficiente. Aos profesionais da seguridade informática tócalles lidar con isto e tratar de casar ambas as visións e dar as respostas adecuadas. Iso sen contar os vicios que traemos de casa, estamos tan afeitos ao dixital, que é difícil que un usuario que no seu fogar non presta atención ás cuestións de seguridade, ao chegar ao traballo téñaas interiorizadas.
Resultado de imagen de blockchain

Jorge Cerviño Alonso 4ºA ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario