viernes, 26 de mayo de 2017

O BRAZO ROBOT QUE PODE PILOTAR UN AVIÓN

O piloto automático para avións desenvolvido por Aurora Flight Sciences é algo diferente dos pilotos automáticos habituais utilizados na aviación: consiste nun sistema de visión artificial, un módulo de aprendizaxe, outro de síntese e de recoñecemento de voz e dun pequeno brazo robot industrial que manexa os mandos de control do avión, os mesmos mandos que usaría un piloto humano.


O proxecto comezou como parte do plan de Darpa, (a axencia de orixe militar estadounidense que nos últimos anos financiou numerosos proxectos relacionados cos vehículos autónomos, sistemas de intelixencia artificial e robots, entre outros, e que deu orixe á internet que hoxe coñecemos) para converter en avión autónomo calquera tipo de aeronave convencional, aquelas que necesitan un piloto humano a bordo para completar o voo. Aínda que o piloto automático (e outros sistemas avanzados como a aterraxe asistida ou automática) son habituais nos grandes avións comerciais e en avións militares, con todo, a maioría das aeronaves que xa existen non incorporan esas funcións; incluíndo numerosos jet privados, aeroplanos pequenos, avionetas e helicópteros.

Nun primeiro voo de proba realizado a finais do ano pasado o sistema Alias (Aircrew Labor In-Cockpit Automation System) pilotou con éxito unha avioneta tomando os mandos dun Cessna Caravan. Para accionar os controis, Alias fai uso dun brazo robot parecido aos robots industriais pero de menor tamaño. Este brazo fabricado pola compañía de Universal Robots (UR) é relativamente alcanzable (segundo o tamaño custa en 20 e 40 mil euros) e están deseñados para operar en colaboración con outros robots e con persoas. Polo seu baixo custo e versatilidade estes robots son amplamente utilizados en desenvolvementos experimentais e de intelixencia artificial como este, ademais de servir en aplicacións industriais (que inclúe axudar a ensamblar outros brazos robot de UR), educativas e mesmo artísticas. Como parte do sistema Alias o brazo robot realiza manobras como acelerar e decelerar a aeronave ou cambiar de dirección e de altitude.

POR: MIGUEL LORENZO PERAL 4ºA

No hay comentarios:

Publicar un comentario