lunes, 29 de mayo de 2017

A nova boca de Praileaitz dará paso ao tempo do Neanderthal

Os arqueólogos esperan levar a cabo unha campaña de escavacións durante o verán na nova boca da cova de Praileaitz I descuberta en 2014, un acceso que abriu as portas para penetrarse na época da ocupación humana no Paleolítico Medio, o tempo de Neanderthal.

O director das escavacións da Praileaitz I, Xabier Peñalver, avanzou a previsión destes traballos na presentación do libro "A cova de Praileaitz I", un monográfico que repasa os achados rexistrados entre 2000 e 2009 no xacemento situado no termo municipal de Deba (Gipuzkoa).

Os arqueólogos esperan que "este verán, se é posible en xuño", comecen as escavacións na nova boca, que está "desde un inicio en niveis de Paleolítico Medio (entre 40.000 e 120.000 anos de antigüidade) con ocupación neanderthal".

O obxectivo é profundar cara a estratos inferiores e tamén cara ao interior da cova con "novos espazos" que van en aumento segundo proseguen as escavacións, explicou o investigador que espera "importantes resultados no futuro".

 Fran González Diz 4ºA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario