viernes, 19 de mayo de 2017

2 Al + Fe 2 O3 → Al 2 O3 + 2 Fe


Resultado de imaxes para reaccion de la termita
  • Esta é a ecuación dunha reacción, chamada a reacción da termita, coñecida como aluminotermia.
  • É un tipo de composición pirotécnica de aluminio e un óxido metálico. 
  • O aluminio é oxidado polo óxido doutro metal, comunmente por óxido de ferro. Os produtos da reacción química son óxido de aluminio e ferro elemental libre, desprendéndose ademáis unha gran cantidade de calor. Os reactivos normalmente pulverízanse e mesturan cun aglomerante para manter o material sólido e previr a súa separación.
  •  A reacción libera radiación ultravioleta, perigosa para a vista, polo que debe evitarse o mirar a reacción directamente ou debe usarse unha protección especial. A termita non debe usarse preto de materiais inflamables, xa que se poden liberar pequenas cantidades de ferro fundido durante a reacción e derretir colectores de metal, incendiando os seus contidos. 
  • En usos militares usase para as granadas, como dispositivos incendiarios para destruir o enemigo. A reacción de termita pode ter diversos usos. Foi usada orixinalmente para reparar e soldar rodas de ferrocarril onde a reparación pode ter lugar sen quitar a peza da súa localización orixinal. Pode ser usada para o corte rápido ou soldadura de rieles sen requirir de equipo pesado.

MARTA RUA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario