lunes, 15 de mayo de 2017

COMPSOGNATHUS

É un xénero extinto representado por unha única especie de dinosauro terópodo compsognátido, que viviu a finais do período Jurásico, fai aproximadamente 150 millóns de anos atrás, no Titoniense, no que hoxe é Europa. Os paleontólogos atoparon dous fósiles ben preservados, un en Alemaña en 1850 e o segundo en Francia case un século despois.


Fósil de un Compsognathus / dinosaurios.org


Foi considerado por moito tempo como o máis pequeno da súa especie, honra que hoxe ostenta o microraptor.

Os Compsognathus medían en media 60 centímetros e pesaban ao redor de 2 quilos e medio, o que lles facía ter un tamaño similar a un galo. O seu corpo pequeno, estaba adornado cunha longa cola.O seu nome, vén do grego e significa mandíbula linda. Non se que tan linda era, pero os seus dentes filosos éranlle moi útiles, xa que era carnívoro.


Medida de un Compsognathus / dinosauriosx.com

¿QUÉ COMÍA?

Púdese descubrir esto porque se atoparon restos do seu alimento no seu estómago. O que se atopou foron restos dun lagarto na cavidade torácica, por este motivo sábese que a súa comida favorita eran estes pequenos lagartos. Aínda que nin sempre se pensou que era a súa comida, nun principio a idea foi que o dinosauro atopado era unha femia embarazada e por iso se teorizó que os pequenos ósos no estómago eran dun embrión e non foi ata 1903 que esta idea foi refugada e identificouse ao pequeno lagarto como un Bavarisaurus. Os Bavarisaurus que era uns pequenos e rápidos lagartos que corrían a gran velocidade, de acordo a estudos podía chegar ata un 64 km/h o que significa que era un dos corredores máis rápidos da época.








Rubén Gómez Blanco

No hay comentarios:

Publicar un comentario