lunes, 15 de mayo de 2017

O parentesco da galiña "gallimimus"



Características
O gallimimus era un dinosauro bípedo. Chámase asi debido á semellanza dos arcos neurales das vértebras cervicais coas gallináceas de agora.O seu nome prevén de "imitador da galiña" xénero que propuxeron os paleontólogos Rinchen Barsbold e Halszka Osmólska. Tiña un longo e plano, sen dentes, pico na súa pequena cabeza. Tiña un pescozo longo e flexible, e tres dedos en cada man con garras puntiaguda.

dieta
Crese que o gallimimus era omnívoro, é dicir que comía tanto plantas como pequenos animais.Os máis probable é que o seu pico fóra tan efectivo para cortar follas  como para cazar animais pequenos. Crese que a súa dieta consistía maiormente de insectos e vermes, estes deberon darlle toda a enerxía e nutrientes que necesitaba porque ao ser un corredor de gran tamaño necesitaba moita enerxía para manterse vivo.

Historia
É un dinosauro de relativamente recente descubrimento, os primeiros restos descubríronse no Deserto de Gobi en 1970.En 2001 atopáronse ósos no mesmo deserto no que se atoparon os primeiros, estes restos foron descubertos por Peter J. Makivicky, este descubrimento foi crucial porque se descubriu que co seu pico podía filtrar pequenos animais na auga, tal como fano os flamencos

orden
saurichia
Período
Cretácico , fai 75 millóns de anos
ubicación
 Mongolia (Asia)
lonxitude
20 pes (6.10 metros)
dieta
omnívoro

Resultado de imaxes para restos fosiles gallimimusResultado de imaxes para restos fosiles gallimimus










jorge afonso cabido

No hay comentarios:

Publicar un comentario