viernes, 26 de mayo de 2017

Casas Intelixentes

Unha casa intelixente simultaneamente usa a electricidade, a electrónica e a informática, para crear un deseño arquitectónico propio, de tal maneira que as persoas que a habitan gocen de maiores comodidades. O principio real deste tipo de vivendas deuse hai algúns anos, cando Estados Unidos e Xapón comezaron a utilizar a domótica, tecnoloxía que permite controlar os aparellos e electrodomésticos do fogar a distancia.
A tecnoloxía avanzada, un dos elementos que as caracterizan pódese aplicar tanto a casas habitación como a departamentos, nas grandes cidades ou nas zonas rurais. No noso país hai algunhas casas deste tipo pero non son completamente intelixentes, teñen algúns elementos como o control da auga e o control do xabón.
Estas casas intelixentes poden chegar a aportar distintas vantaxes:
  • As casas intelixentes permiten efectuar medicións e avaliacións do uso de novas tecnoloxías no ambito doméstico.
  • Resultan moito máis seguras para os seus habitantes que o resto, xa que contan con dispositivos automáticos de control como o son: alarmas para intrusión e pánico, control de lume e fumes, vixilancia interna e remota, etc.
  • Contribúe na diminución do gasto enerxético a través do control da temperatura interna dos locais, o control da iluminación e así como do control do consumo dos electrodomésticos, tendo como resultado maior aforro e coidado do medio ambiente.




Gonzalo Carrajo Mariño

No hay comentarios:

Publicar un comentario