lunes, 15 de mayo de 2017

O espinosaurio

Un dos grandes dinosauros do Cretácico foi a especie Spinosaurus aegyptiacus, cuxo nome significa "lagarto espiñento" debido á súa grande aleta dorsal.
Aínda que actualmente atopáronse restos dunha posible segunda especie, denominada Spinosaurus maroccanus, pénsase que ambas poden pertencer á mesma especie.
Ao Spinosaurus coñéceselle, en trazos xerais, como un terópodo semi-acuático, cun cranio similar ao dun crocodilo e unha gran vea dorsal.
O Spinosaurus foi un terópodo que media entre 12 e 15 metros de lonxitude, aínda que algúns científicos estiman que puido chegar a medir os 18 metros e o seu peso estaría entre as 4 e 6 toneladas.
Pero o seu principal e máis rechamante característica é a aleta dorsal, coa que podía chegar a alcanzar unha altura de ata 4 metros!
Posúe un cranio similar ao dun crocodilo de aproximadamente 2 metros de lonxitude.
Ten unha unha mandíbula que encaixa perfectamente por baixo do padal, de modo que quedaba "hermeticamente pechada", parecido ao dos crocodilos. Aínda que o morro do Spinosaurus se curva lixeiramente cara abaixo, impedindo que a presa poida chegar a escapar.
A sua principal e máis rechamante característica a gran aleta dorsal, a cal se atopa situada nas costas, excedendo o metro de altura e outorgando ao Spinosaurus un aspecto xigantesco e aterrador.
Nun principio pensouse que podía ser usada para a termorregulación do corpo, de maneira similar a como o puido usar o Dimetrodon.

Pero ao coñecer que as súas presas eran principalmente animais acuáticos, cambiouse o pensamento a que esta gran aleta dorsal puido ser usada para a natación, de modo que controlase a dirección e axudase a ser máis hidrodinámico.
Resultado de imagen de El spinosaurus     


                                                                  Por Fran Martínez Feijoo

No hay comentarios:

Publicar un comentario