viernes, 10 de marzo de 2017

Os cientificos galegos están nos máis citados no mundo

Catro científicos galegos, entre os máis citados do mundo

  • Se trata do biólogo da Universidade de Vigo David Pousada; dos matemáticos da Universidade de Santiago Juan José Neto Roig , Rosana Rodríguez, e do químico lucense Luiz Liz Marzán.
  •  Son 3.000 en total e, entre eles, están catro galegos, dos que tres traballan en Galicia. Trátase do biólogo da Universidade de Vigo David Pousada; dos matemáticos da Universidade de Santiago Juan José Neto Roig e Rosana Rodríguez, e do químico lucense Luiz Liz Marzán, que desde hai uns anos dirixe o centro de investigación CIC biomaGUNE de San Sebastián, ao que chegou desde a Universidade de Vigo. 
  • Os catro forman parte dos 55 españois incluídos no ranking.«É difícil chegar á lista, pero máis difícil aínda é manterse», explica Neto Roig, director do Grupo de Ecuacións Diferenciais non Lineais da USC, que leva varios anos manténdose nela de forma ininterrompida. Mesmo nalgúns anos chegou a ser considerado como o segundo matemático de maior impacto mundial, aínda que desde hai algún tempo a lista non establece unha diferenciación por postos. «Evidencia -di- o momento estupendo en que se atopan as matemáticas en Santiago e en Galicia».
  • Outro habitual da lista é David Pousada, xa que forma parte dela desde hai 15 anos de forma ininterrompida. «É  un premio ao traballo e un mérito do grupo de persoas que me rodea». Recoñece, en todo caso, que «desde Galicia é máis difícil facer ciencia e estar ben situado que se traballas desde Cambridge», aínda que cre que desde a comunidade tamén se pode facer unha investigación de calidade. E confía en que os novos investigadores poidan acceder a esta elitista lista. «A miña misión será -destaca- que os meus alumnos supérenme».




Alejandro Suárez Hervella

No hay comentarios:

Publicar un comentario