viernes, 17 de marzo de 2017

O día do número pi

O 14 de marzo celébrase o día internacional do número Pi. Un día no que os fanáticos das matemáticas, a física e a xeometría poden celebrar por todo o grande e no que as redes sociais non paran de compartir. 

Esta afamada cifra é considerada como unha das constantes máis importantes dentro das diferentes ciencias matemáticas e físicas pola súa relación coa lonxitude e diámetro dunha esfera. Ao ser un número irracional posúe infinitos decimais, pero o seu valor aproximado é o de 3,14. Esta cifra recibiu infinidade de estudos por parte de matemáticos de todo o mundo e foi evolucionando nas súas diversas aproximacións decimais para achegarse ao número exacto, xa que non se pode plasmar como unha partición simple. 


Crese que xa polo ano 2000 antes de Cristo os babilonios aproximáronse á idea de que a circunferencia dun círculo mide ao redor de tres veces máis que o diámetro. A elección do símbolo Pi para referirse a este algarismo provén da palabra grega "περιφέρεια" (periferia) e "περίμετρον" (perímetro), pero non foi usada por primeira vez ata o 1700 polo matemático galés William Jones ao usalo para a navegación dos seus barcos. 

O uso deste número irracional asociado ás esferas serve para calcular a área dun círculo, o seu perímetro ou o volume dun cilindro. Por iso pode ser aplicado  á fabricación de pneumáticos, galletas, reloxos, vasos, botellas e infinidade de obxectos. Dentro da trigonometría ou a topografía, ademais da estatística, pódese dispoñer deste número en multitude de fórmulas e cálculos matemáticos para diferentes investigacións. Tamén é habitual a súa utilización en astronomía por parte da Nasa

Rodrigo Justo Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario