miércoles, 29 de marzo de 2017

GOOGLE

Google Inc. é a empresa propietaria da marca Google, cuxo principal produto é o motor de procura do mesmo nome. Foi fundada o 27 de setembro de 1998 por Larry Page e Sergey Brin.
Actualmente Google está traballando en varios proxectos para aumentar o número de usuarios de Internet e facilitar os recursos para que estes poidan acceder á rede. Entre os proxectos destacan o PC de 100 dólares, aplicacións GNUGoogle Docs & Spreadsheets, colaboración[2] e promoción de aplicacións de software libre como Firefox, instalación de varias redes inalámbricas de balde, desenvolvemento dun sistema de protocolo aberto de comunicación por voz, entre outros. Ademais especúlase que estaría traballando no desenvolvemento dun sistema operativo un Google Office, e unha rede global de fibra óptica.

Servizos
Malia ser o buscador Google o seu principal servizo, a empresa conta cunha serie de servizos adicionais.
    Logotipo de Google
  • Gmail
  • Google Videos 
  • Google Maps
  • ADsense



O nacemento de Google
En 1998 Andy Bechtolscheim, cofundador de Sun Microsystems, entregoulles a Brin e Page un cheque de 100.000 dólares a nome de Google, Inc. A empresa aínda non existía, así que Brin e Page tiveron que fundala para poder cobrar o cheque.
O nome da empresa fai referencia a Googol, o nome en inglés da potencia 100 do número 10 (o Googol é un 1 seguido de 100 ceros). Evidentemente, o nome refírese á inmensidade da Internet.
O 7 de setembro de 1998 Google abriu a súa primeira oficina onde traballaban só os dous fundadores da empresa. Pero os seus servidores xa recibían unhas 10.000 demandas de información diarias.

Álex Domínguez Fornos 4ºA ESO 

No hay comentarios:

Publicar un comentario