viernes, 10 de marzo de 2017

Daniel Arenas Lago

A Sociedade Española de Ciencias do Solo elixiu como mellor tese do 2015 a do investigador vigués Daniel Arenas Lago, unha investigación na que se amplía, afonda e achega novos coñecementos sobre a capacidade de absorción e retención de metais pesados nos solos, unha cuestión cada vez máis preocupante porque moitos destes elementos son tóxicos para os organismos e poden entrar na cadea trófica producindo efectos nocivos no ser humano. Un estudo sobre a capacidade dos solos para reter cadmio, cobre e chumbo. Afonda no papel que xogan as fases xeoquímicas amorfas e cristalinas do solo na distrubución dos metais, estudando unha gran variedade de tipos de chans e os seus distintos horizontes. Neste senso unha das innovacións máis relevantes deste estudo foi validar a efectividade do uso combinado de técnicas novidosas de obtención de imaxes espectroscópicas, praticamente non empregadas ata o de agora no estudo dos solos.
Na actualidade atopase realizando unha estancia no Institute of Enviromental Sciences na Universida de Leiden cun contrato de postdoutoramento da Xunta de Galicia, que o manterá alí durante dous anos e o traerá de voltá a Universidade de Vigo no terceiro ano de contrato.



Arenas, traballando cos seus compañeiros en Leiden/gciencia

Gonzalo Carrajo Mariño

No hay comentarios:

Publicar un comentario