lunes, 20 de marzo de 2017

Número π

π (Pi) é a relación entre a lonxitude dunha circunferencia e o seu diámetro, en xeometría euclidiana. É un número irracional e unha das constantes matemáticas máis importantes. Emprégase frecuentemente en matemáticas, física e enxeñería. O valor numérico de π, truncado ás súas primeiras cifras, é o seguinte:
O valor de π obtívose con diversas aproximacións ao longo da historia, sendo unha das constantes matemáticas que máis aparece nas ecuacións da física, xunto co número "e"+. Cabe destacar que o cociente entre a lonxitude de calquera circunferencia e a do seu diámetro non é constante en xeometrías non euclidianas.

A notación coa letra grega π provén da inicial das palabras de orixe grega  'periferia' e  'perímetro' dun círculo,1 notación que foi utilizada primeiro por William Oughtred (1574-1660) e cuxo uso foi proposto polo matemático galés William Jones (1675-1749); aínda que foi o matemático Leonhard Euler, coa súa obra Introdución ao cálculo infinitesimal, de 1748, quen a popularizou.

Gonzalo Carrajo Mariño

No hay comentarios:

Publicar un comentario