viernes, 24 de marzo de 2017

Formas de morrer a causa da Auga

Intoxicación por auga

 Os excesos nunca son bos e na vida practicamente calquera cousa en exceso pode resultar fatal. A hiperhidratación, máis coñecida como intoxicación ou envelenamento por auga é o hiperexceso de auga no corpo que resulta nunha síndrome mortal. É en si unha sobredose de auga. Trátase dun trastorno potencialmente fatal que ten moito que ver coas funcións do cerebro, prodúcese cando o equilibrio normal da electrolitos no corpo supera os límites de seguridade nun exceso de hidratación. Algo que en circunstancias normais, é excepcionalmente estraño.

Tortura china con auga

Outros cos que tampouco se xoga son os chineses, especialmente cando se trata de torturas. A tortura chinesa con auga, popularmente coñecida como pinga chinesa, é unha forma de tortura psicolóxica na cal se deixan escurrir pingas de auga na cabeza dunha vítima coas mans atadas, que nada pode facer respecto diso, por un longo período de tempo. Esta tortura lentamente tolea á vítima e finalmente termina desgastando tanto o cranio humano como para provocar a morte.

Tal como ocorre coa erosión da auga nas rocas, converténdoas en area, este brutal método de tortura con auga inventouse tras observar como pingas de auga caendo constantemente sobre rocas provocan profundos ocos. 

Aguantar o mexo

Aguantar ou mexo pode matarche. Este é un vello mito do ámbito médico que hoxe che vou a esclarecer: podes morrer por aguantar os ouriños, pero non directamente. O consumo de auga é máis que esencial para o noso organismo e ese consumo, inevitablemente, condúcenos á micción. É dicir, tarde ou cedo, por moito que tentes aguantar, terás que ouriñar.

O certo é que por aguantar os ouriños (que é 96% auga) podes provocarche unha infección urinaria que se non se trata a tempo nin de forma adecuada pode resultar na morte. 

A continuación deixovos unha listaxe con curiosidades sobre este maravilloso liquido, non todo son mortes.

Agustín Gallego Gómez

No hay comentarios:

Publicar un comentario