viernes, 10 de marzo de 2017

O PEIXE CEBRA, INSTRUMENTO PARA REDUCIR A INFLAMACIÓN

Científicos galegos acaban de validar que a resposta xenómica do peixe cebra pode reproducir o proceso inflamatorio dos mamíferos. O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) dá un paso máis na liña de investigación que desenvolve en Galicia achega do peixe cebra (Danio rerio) como modelo de estudo en determinadas enfermidades de peixes cultivados e de humanos. Así, científicos do Grupo de Inmunología e Xenómica do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo observaron que a resposta inflamatoria aguda e os seus mecanismos de transcrición ante LPS -un compoñente bacteriano que activa unha potente resposta inflamatoria por parte do organismo hospedador- están correlacionados entre a devandita especie e os mamíferos.

Peixe cebra - gciencia.com

"Estase ante un prometedor modelo de estudo para moitas enfermidades humanas, sobre todo a nivel molecular, tendo presente, con todo, que estes animais poden non reproducir todos os aspectos das mesmas e que aínda queda moito por investigar", apuntan os investigadores Antonio Figueras Huerta e Beatriz Novoa García.

Coñecer as vías moleculares que regulan a resposta inflamatoria é esencial para avanzar no coñecemento dalgunhas enfermidades humanas. Entre os animais modelo que se empregan para iso emerxeu nos últimos anos o peixe cebra, que se empezou a propoñer para estudos sobre a resposta inmunológica en vertebrados. As súas vantaxes son numerosas (pequeno tamaño, ciclo de vida rápida, facilidade de cría e modificación xenética e a transparencia dos seus embrións.

Beatriz Novoa cunha mostra de peixes cebra - farodevigo.es


Rubén Gómez Blanco

No hay comentarios:

Publicar un comentario