viernes, 24 de marzo de 2017

A humanidade necesita auga

Na actualidade máis de 663 millóns de persoas viven sen subministración de auga potable preto de casa, o que lles obriga a pasar horas facendo cola ou trasladándose a fontes afastadas, así como a facer fronte a problemas de saúde debido ao consumo de auga contaminada.
A auga é un elemento esencial do desenvolvemento sustentable. Os recursos hídricos, e a gama de servizos que prestan, xogan un papel crave na redución da pobreza, o crecemento económico e a sustentabilidade ambiental. A auga propicia o benestar da poboación e o crecemento inclusivo, e ten un impacto positivo na vida de miles de millóns de persoas, ao incidir en cuestións que afectan á seguridade alimentaria e enerxética, a saúde humana e ao medio ambiente.
  • Mundialmente, máis do 80% das augas residuais que xeramos volve aos ecosistemas sen ser tratada nin reciclada.
  • 1800 millóns de persoas usan unha fonte de auga contaminada por material fecal, poñéndoas en risco de contraer o cólera, a disentería, o tifus ou a polio. A auga non potable, e unhas pobres infraestruturas sanitarias, así como a falta de hixiene, causa ao redor de 842 000 mortes ao ano.
  • As oportunidades de explotar as augas residuais como un recurso son enormes. A auga tratada dunha forma segura é unha fonte sustentable e alcanzable de auga e enerxía, así como para obter nutrientes e outros materiais recuperables.




Gonzalo Carrajo Mariño

No hay comentarios:

Publicar un comentario