viernes, 24 de marzo de 2017

Dia mundial da auga

O Día Mundial da auga propúxose na Conferencia das Nacións Unidas para o Medio Ambiente e o Desenvolvemento efectuada en Río de Janeiro, Brasil do 3 ao 14 de xuño de 1992. Despois da cal, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou o 22 de decembro de 1992 a resolución A/RES/47/1931 que declarou o 22 de marzo de cada ano como Día Mundial da auga.

A auga é un elemento esencial do desenvolvemento sustentable. Os recursos hídricos, e a gama de servizos que prestan, xogan un papel crave na redución da pobreza, o crecemento económico e a sustentabilidade ambiental. A auga propicia o benestar da poboación e o crecemento inclusivo, e ten un impacto positivo na vida de miles de millóns de persoas, ao incidir en cuestións que afectan á seguridade alimentaria e enerxética, a saúde humana e ao medio ambiente.
Na actualidade máis de 663 millóns de persoas viven sen subministración de auga potable preto de casa, o que lles obriga a pasar horas facendo cola ou trasladándose a fontes afastadas, así como a facer fronte a problemas de saúde debido ao consumo de auga contaminada.
«Por que desperdiciar auga?»

Este ano, concentrámonos no desperdicio da auga e en como reducir e reutilizar ata unha 80% da auga que malgastamos nas nosas casas, cidades, industrias e agricultura e que flúe de volta á natureza, contaminando o medio ambiente e perdendo nutrientes valiosos.


CELEBRACIÓN:

Convidouse a participar de actividades relacionadas coa conservación e o desenvolvemento dos recursos hídricos, apelando á posta en práctica das recomendacións da Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento contidas no Capítulo 18 (Recursos de Auga Doce) da Axenda 21.



Resultado de imagen de dia internacional del agua

David González Palomanes



No hay comentarios:

Publicar un comentario