viernes, 17 de marzo de 2017

Curiosidades e datos do numero pí



Unha curiosa e divertida coincidencia sobre un número que ten tantísimas curiosidades case como decimais. Pi é unha das constantes matemáticas máis importantes, é de supoñer por este motivo que é das máis populares entre matemáticos e físicos. \pi é a relación entre a lonxitude dunha circunferencia e o seu diámetro. É unha constante en xeometría euclidiana. Pero imos contar algunhas curiosidades de Pi.



O que máis me chama persoalmente a atención é a cantidade de decimais, e mira a túa por onde que en 1949 un dos primeiros computadores, o ENIAC, traballando durante 70 horas logrou determinar Pi con 2037 decimais. E a medida que foi evolucionando a informática tamén o fixeron os decimais. En xullo de 1997, Yasumasa Kanada e Daisuke Takahashi obtiveron 51.539.600.000 cifras , utilizando un HITACHI SR2201 con 1024 procesadores, case nada. Isto daravos un pouco a idea sobre a complexidade e lonxitude do número Pi. Para maís info pincha AQUI. 



                                                                                                                Fran González Diz 4ºA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario