viernes, 24 de marzo de 2017

AUGA MÁIS ALÁ DA TERRA

Aínda que que pareza imposible, hai auga en planetas dispersos polo espazo e sen ir moi lonxe, algúns planetas do sistema solar posúen auga, máis especificamente nalgúns satélites dos planetas de Xúpiter e Saturno.

Encélado                        
Enceladus ou Encélado é unha das lúas de Saturno e a principios deste ano, a nave exploradora Cassini confirmou que existe un océano debaixo da súa cortiza de xeo. A auga flúe por baixo, no polo sur existen algunhas fisuras que permite que a auga salga ao espazo. Planéase que Cassini colleite unha mostra deste líquido expulsado.

Ganímedes                     
Evidencias demostraron que nesta lúa de Xúpiter ten un océano aproximadamente de 96 quilómetros de profundidade e salgado que podería ser amigable para algún tipo de vida.

Europa                            
Este é outro satélite de Xúpiter do que se descubriu que alberga un gran océano e parte do sal chega ata a súa superficie o sal é un elemento importante para considerar se un lugar pode ter vida ou non, como o explica o científico Kevin Hand

Titán                               
O satélite máis grande de Saturno, Titán, tamén alberga un inmenso océano salgado debaixo da súa cortiza, o cal podería ser case tan salgado como o Mar Morto que temos no noso planeta. Outro dos aspectos interesantes é que ten mares de metano e outros hidrocarburos na súa superficie.

Plutón                             
A información que New Horizons enviou á NASA, fai supoñer aos científicos que debaixo da cortiza conxelada de Plutón podería haber un océano. No planetoide hai montañas de auga conxeladas e algúns glaciares de nitróxeno, o que podería indicar actividade líquida en Plutón.

Plutón
Rodrigo Justo Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario