viernes, 10 de marzo de 2017

O Banco De Galicia

O Banco de Galicia foi declarado como Lugar de Importancia Comunitaria en 2015.
Banco de Galicia é un monte submarino de orixe non volcánica localizado na marxe continental de Galicia, a uns 200 km da costa, cunha superficie similar á da Provincia de Lugo (1844 km2 con 75 km de longo por 58 km de ancho). O cumio deste monte submarino está situado nos 625 m, no sureste do banco.
Un monte submarino é unha elevación do fondo mariño que dende a súa base ten unha altitude de cando menos 1.000 m e non chega a alcanzar a superficie (Froese e Sampang, 2004; White e Mohn, 2004). O coñecemento da existencia do Banco de Galicia remóntase ao ano 1964, coa publicación dun estudo xeomorfolóxico da zona (Black et al., 1964). As primeiras investigacións levadas a cabo nesta contorna están dirixidas a estudos xeomorfolóxicos con descricións batimétricas (Sibuet et al., 1978).

Durante as primeiras prospeccións pesqueiras foron capturadas de xeito accidental corales de profundidade e gorgonias sobre os que se atoparon adheridas diversas especies de moluscos. Este feito deu como resultado un primeiro informe sobre a riqueza malacolóxica do banco. 
Resultado de imagen de monte submarino de galicia (ciencia)
ecoloqiaazul.com
Por Fran Martínez Feijoo

No hay comentarios:

Publicar un comentario