viernes, 10 de marzo de 2017

Crean un protocolo que acelera a cría da ostra



España é o segundo país produtor de ostra plana europea (Ostrea edulis) do continente, cun total de 427 toneladas en 2014 e un valor de 2,2 millóns de euros. O grupo de investigación ACUIBIOMOL do Instituto de Acuicultura da USC, en colaboración coa Confraría de Pescadores de San Bartolomé de Noia, identificou as condicións óptimas de temperatura, réxime de exposición diaria á luz e ración e composición da dieta de microalgas para o acondicionamento de proxenitores de ostra plan en criadeiro ademais de deseñar un protocolo de cultivo que reduce practicamente á metade os tempos de produción de semente.Como sinala Luz Pérez-Parallé, unha das integrantes do equipo, a actual e elevada demanda do mercado “nada máis que pode ser cuberta mediante o control da reprodución en criadeiro, co obxectivo de conseguir acelerar a madurez sexual e xerar un número elevado de semente de calidade ao longo de todo ano, incluso fóra do período natural de reprodución da ostra plana”. Segundo os traballos realizados polo equipo do Instituto de Acuicultura da USC, as mellores condicións de reprodución da ostra plana asócianse con temperaturas da auga de entre 14 e 18 graos, un período de exposición á luz de entre 8 e 16 horas e unha ración de alimento equivalente o 6% do peso seco da ostra por día.




Alfonso Ruggiero García

No hay comentarios:

Publicar un comentario