viernes, 10 de marzo de 2017

Cristina Contreras

Avance dietético

Un equipo de científicos do grupo NeurObesidad da Universidade de Santiago de Compostela (USC), liderado pola investigadora de postdoctorado Cristina Contreras Jiménez, descubriu un novo mecanismo molecular que demostra como o aumento dunha proteína no hipotálamo -a chaperona GRP78, tamén coñecida como BiP- consegue que ratas obesas adelgacen sen deixar de comer, a vez que melloran o seu status metabólico diminuíndo ademais a diabetes tipo 2 asociada.
Esta investigación, que publica a revísta 'Diabetes', parte da idea de que un dos mecanismos que subxace na obesidade é un mal funcionamento da graxa parda (graxa boa), que actúa como unha estufa, queimando a propia graxa para producir calor e manter a temperatura corporal. "Descubrimos que regulando unha situación que se chama 'tensión de retículo endoplasmático', unha situación de tensión que se produce durante a obesidade, somos capaces de activar a termogénesis, proceso que se produce na graxa parda, que o que fai é queimar graxa", explica esta investigadora, licenciada en Farmacia pola Universidade Complutense de Madrid.
Tanto en estados de obesidade como de diabetes prodúcese unha alteración no procesado das proteínas, que se acumularían mal encartadas -fenómeno que se coñece como tensión do retículo endoplásmico-. En animais obesos e diabéticos isto sucede no hipotálamo -zona do cerebro que regula o balance enerxético-, e ten como consecuencia a desactivación da graxa parda.
Aumentando a presenza da chaperona BiP no hipotálamo, os científicos galegos han conseguido non só reactivar a termogénesis, que nas ratas obesas está inactiva, senón tamén converter a graxa branca (ou mala) en parda. "Desta forma, o organismo no canto de acumular graxa, a queima, polo que o animal obeso perde peso, e mellora ademais a súa resistencia á insulina (diminúe a diabetes tipo 2), a esteatosis hepática e o metabolismo en xeral", explica a investigadora, que subliña o interesante do mecanismo que lograron reverter coa manipulación xenética desta proteína.

Cristina Contreras no laboratorio da USC



Pablo Vega Dos Santos

No hay comentarios:

Publicar un comentario