viernes, 10 de marzo de 2017

BEGOÑA VILA, COA NASA AOS SEUS PES

Begoña Vila é toda unha estrela. A científica galega, de 53 anos, foi galardoada pola NASA coa medalla ao Logro Público Excepcional pola súa dedicación do telescopio James Webb. Non é habitual que os científicos españois reciban esta clase de honras, pero construír o telescopio máis grande do mundo fíxolle gañar o recoñecemento.


Vila recoñece que sente "moi contenta e orgullosa" polo galardón, que recibiu o martes en Houston. "É unha honra ser nomeada para esta medalla e moito máis recibila. Fíxome moita ilusión. Foi un día moi especial na miña carreira. Alégrame moito que recoñezan o meu traballo e anímame a continuar facéndoo o mellor que poida", declarou a científica a YODONA.com.



Tras estudar en Santiago de Compostela e no Instituto de Astrofísica de Canarias, deu o salto a Inglaterra, onde completou os seus estudos doutorais e postdoctorales, e terminou en Canadá.


Foi alí, desde unha empresa privada, onde comezou a implicarse no xigantesco telescopio que cambiará a forma de mirar o espazo. A colaboración coa empresa canadense durou seis anos, e en 2012 Vila recibiu unha chamada da axencia pedíndolle que traballase directamente con eles."O James Webb está deseñado para levar mais alá o que Hubble comezou. Observa na lonxitude de ondas do infravermello que lle permite mirar máis cara atrás no espazo, ás primeiras estrelas e galaxias que se formaron despois do Big Bang e ver como evolucionaron ata converterse nas que vemos na actualidade", explica Vila."Tamén poderá ver a través das nubes de po, onde se forman as estrelas e planetas, e poderá observar a composición das súas atmosferas, buscando en particular planetas como a Terra e con sinais de 'vida', é dicir detectar a presenza de auga, neses planetas noutros sistemas solares", engade. "En xeral dicimos que o James Webb vai darnos información de como chegamos onde estamos e se estamos sós".


O esquema do telescopio James Webb

Agustín Gallego

No hay comentarios:

Publicar un comentario