viernes, 10 de marzo de 2017

CIENTIFICOS GALEGOS

Grandes científicos:

 Enrique Hervada García-Sampedro, médico que se doutorou en Madrid e ampliou estudos en París. Foi un pioneiro na asistencia médica gratuíta. Participou nunha sociedade asistencial, que cobraba unha cantidade ridícula aos seus abonados, principalmente, xente sen recursos. Ao mesmo tempo, atendía gratuitamente no dispensario antituberculoso da rúa do Sol e no Sanatorio de Oza.

Outros destacados científicos foron matemáticos ou enxeñeiros, como Joaquín Ezquerra do Bayo, autor do primeiro mapa xeolóxico de España. Foi un dos membros fundadores da Real Academia das Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, ademais de inspector xeral do Corpo de Enxeñeiros de Minas, profesor de Laboreo de Minas e de Mecánica Aplicada na Escola Especial do mesmo Corpo, e membro de diversas sociedades científicas.


Enrique Hervada, médico. | Álbum da Ciencia
Enrique Hervada García-Sampedro

Nesta lista tampouco podían faltar navegantes e aventureiros, como Francisco de Seijas e Lobera ou Pedro Antonio Cerviño Núñez. O primeiro navegou polos mares de todo o mundo, foi autodidacta, descubridor, xeógrafo, alcalde maior de Tacuma (México), corsario e amigo do rei francés Luís XIV.
Pola súa banda, Pedro Antonio Cerviño Núñez foi militar, científico e cartógrafo español e introduciu o pensamento liberal en Arxentina. Radicado no río da Prata en 1780, foi designado polo vicerrei para integrar a comisión demarcatoria de límites.

Retrato de Pedro Antonio Cerviño en 1810. | Álbum da Ciencia
Pedro Antonio Cerviño

David González Palomanes




No hay comentarios:

Publicar un comentario