viernes, 17 de marzo de 2017

CURIOSIDADES SOBRE O NÚMERO PI

 Albert Einstein, un dos científicos máis importantes da historia, nacese o 14 de marzo non podía ser unha casualidade. Noutros países, a orde das datas é mes+día+ano, polo que hoxe é o 3-14; o que lembra inevitablemente a un dos números máis misteriosos do universo matemático, o número 'pi'.
En todos os colexios e institutos ensinan que Pi é a relación que existe entre a circunferencia dun círculo e o seu diámetro, ou o que é o mesmo, o número de veces que cabe o diámetro na área dun circulo. Pi é unha constante e obtense dividindo a circunferencia entre o diámetro, sempre é o mesmo: 3.141592...

- William Jones foi o primeiro en utilizar o número pi en 1706. Con todo, moito antes, no ano 3 a. C., Arquímides xa fixera uns cálculos moi aproximados ao que hoxe coñecemos como Pi.

- Pi é un número irracional, iso é que non pode expresarse como fracción; e transcendente, o que significa que non é a raíz de ningún polinomio de coeficientes enteiros.

- O número Pi deu para dous récords: os informáticos Alexander Yee e Shigeru Kondo calcularon un total de 12.1 billóns de decimais deste número. Para que nos fagamos unha idea, se o traducimos en papel, escrito cunha fonte básica e un tamaño normal de 12 pt, a tira con todos os números daría 60 veces a volta ao mundo. O outro fito teno o xaponés Akira Haraguchi, que en 2006 rompeu o seu propio récord ao recitar 100.000 díxitos do número pi. Tardou 16 horas e media, paraba cada dúas horas para descansar e beber auga.

Na escola ensínannos que ? (pi), esa infinita constante matemática que empeza por 3?14, está relacionada simplemente con arcos e círculos, pero o certo é que os matemáticos están máis que afeitos ver esta constante en multitude de campos, como no cálculo da lonxitude dun río. Agora, uns expertos da Universidade de Rochester (EE UU) abriron unha veta máis nas relacións que este sorprendente número ten na natureza, e non saen do seu asombro.


Os seus resultados, publicados hoxe na revista Journal of Mathematical Physics, revelaron que esta constante aparece nas fórmulas asociadas á mecánica cuántica para o cálculo do estado enerxético dos átomos de hidróxeno.

Atopamos a clásica fórmula de Wallis sobre pi, descrita no século XVII, no campo da mecánica cuántica do século XX?, indicou nun comunicado Tamar Friedmann, profesora de matemáticas e coautora do estudo. A fórmula de Wallis, desenvolvida polo matemático británico John Wallis no seu libro Arithmetica Infinitorum (1656), describe a ? como o resultado dunha serie infinita de fraccións
de números enteiros.




POR:MIGUEL LORENZO PERAL 4A

No hay comentarios:

Publicar un comentario