viernes, 10 de marzo de 2017

 CIENCIA GALEGA

A mellor tese do ano 2015 foi elexida pola Sociedade Española de Ciencias do Solo.
o ganador foi Daniel Areas Lago, investigador Vigués que  afonda e achega novos coñecementos sobre a capacidade de absorción e retención de metais pesados nos solos.

O premio, que recolleu hai uns días nun acto celebrado en Madrid, certifica a calidade do estudo de Arenas e, ao tempo, tamén a capacidade e solvencia do grupo de imvestigacion Plant and Soil Sciencie.


---------------------------------------------------------------------------------

Un ‘efecto tesoira‘ corta a carreira das mulleres dende a súa formación académica ata o acceso aos postos directivos na carreira investigadora. Son maioría en todas as escalas dos estudos universitarios pero, cando se trata do mercado laboral, comeza unha fenda que as deixa en minoría. 22% de catedráticas en Galicia, onde nunca houbo unha soa reitora.

Segundo o último informe estatistico do Sistema Universitario de Galicia, con datos de 2014, a presenza feminina nos sete campus galegos é, en xeral, superior á dos homes. Nese ano había matriculadas en ensinanzas de grao 32.741 (55%) de mulleres fronte a 26.612 homes (45%)


---------------------------------------------------------------------------------

O botánico e meteorólogo Baltasar Merino Román será o homenaxeado este ano con motivo do Día da Ciencia en Galicia, a celebración promovida pola Real Academia Galega de Ciencias  para reivindicar a importancia da investigación a través das súas figuras máis destacadas. A homenaxe, que coincide co primeiro centenario do falecemento do investigador, foi aprobado unanimemente polos académicos a conta do papel de Merino como o autor da primeira caracterización exhaustiva da flora galega, á que se suman os primeiros traballos de climatoloxía aplicada realizados en Galicia.

---------------------------------------------------------------------------------

Por: Joel Justo Losada






No hay comentarios:

Publicar un comentario