Esta reacción química o que provoca é o denominado "xeo quente", esta reacción está formada por acetato de sodio e auga. O acetato de sodio, ou acetato sódico, tamén chamado etenoato de sodio, é o sal de sodio do ácido acético. É un produto químico económico producido en cantidades industriais para unha ampla gama de usos. Este material é completamente inocuo e pódese comprar nalgúns establecementos de venda de produtos químicos. Se non o atopamos, tamén se pode sintetizar en casa a partir de materiais como o vinagre e o bicarbonato de sodio, aínda que este proceso é un pouco complexo. A realidade é que non se conxela, senón que cristaliza. O experimento parte dunha solución hipersaturada de acetato de sodio en auga quente. que despois se pon a arrefriar rapidamente. Ao arrefriarse, o acetato mantense líquido, pero calquera perturbación, como o contacto cun obxecto, desencadea a reacción que o cristaliza de novo dunha maneira rápida e moi espectacular. A reacción é, ademais, exotérmica. Noutras palabras, xera calor.
Gonzalo Carrajo Mariño
No hay comentarios:
Publicar un comentario