- A palabra dinosauro foi creada por Richard Owen, quen fundou tamén o Museo de ciencias naturais de Londres en Inglaterra. A palabra significa lagarto terrible e está baseada nas palabras grega "deinos" (terrible) e "sauros" (lagarto).
- Aínda que se cre que as aves evolucionaron desde os dinosauros, non se coñecen dinosauros que voasen, con todo si habían réptiles que voaban nesa época.
- Conseguíronse fósiles de dinosauros por centos de anos pero ninguén soubo que eran ata hai pouco. A primeira vez que se describiu un destes descubrimentos como un dinosauro foi en 1824 por William Buckland.
- O dinosauro máis pequeno que existiu, segundo os que descubriron ata agora, era o Compsognathus, que viviu en Europa e era do tamaño dunha galiña. Tamén se cre que comía insectos, lagartos e outros animais pequenos.
- Os dinosauros máis veloces que existían foron os carnívoros coñecidos como Terópodos. Chegouse á conclusión que as aves deben ter patas longas, garras e pés pequenos para ter un punto de apoio mínimo para correr e poder dar zancadas maiores. Características: capacidade pulmonar alta e uns músculos fortes. O título do dinosauro máis rápido é o Nanotyrannus.
- Os Manirraptores eran os dinosaurios máis pequenos. Esta familia é un punto moi avanzado na evolución terópod-ave, moitos deles cun aspecto moi similar a aves actuais. Tiñan plumas moi desenvolvidas, un corpo reducido e algúns deles puideron mesmo voar.
- Os dinosaurios máis lentos eran os Saurópodos, animais de gran envergadura pero cun peso que deixaría en ridículo ao elefante africano.O gran peso dos Saurópodos era a súa vantaxe e á vez a súa desvantaxe, xa que un animal tan grande era difícil de ser atacado por un único carnívoro, mesmo de gran envergadura.
- Encontran o fósil da forma de vida máis antiga sobre a Terra: Unha nova investigación liderada por investigadores do University College de Londres (UCL) atopou no noroeste de Canadá fósiles de organismos vivos de fai case 3.800 millóns de anos, e asegura que estas formas de vida primigenias poderían ocupar xa esas rocas sedimentarias fai 4.280 millóns de anos.
Jorge Cerviño Alonso 4ºA ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario