O equipo de paleontólogos liderados por Christophe Hendrickx e Octavio Mateus, da Universidade Nova de Lisboa e o Museu dá Lourinhã, descubriron os restos do novo dinosauro nun xacemento ao norte de Lisboa.
Dentes en forma de coitela:
O gran carnívoro contaba cunhas armas realmente aterradoras, entre elas uns dentes en forma de coitela de dez cm. de longo capaces de desgarrar calquera presa. E unha nada despreciable altura de dez metros. Sen dúbida, o dinosauro atopábase na cúspide da piramide alimenticia e, fai uns 150 millóns de anos, non había en toda a Península Ibérica un adversario capaz de enfrontarse a el.
Tanto polo número de dentes como polo tamaño e a forma da súa boca, este Torvosaurio europeo pódese distinguir perfectamente do seu parente americano. Trátase da segunda especie de Torvosaurio coñecida e foi, segundo os investigadores, o maior depredador de Europa durante o Xurásico.
Fran González Diz 4ºA
No hay comentarios:
Publicar un comentario