Mostrando entradas con la etiqueta Record Guiennss. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Record Guiennss. Mostrar todas las entradas

viernes, 3 de febrero de 2017

Record no Cubo 17x17x17

O coñecido cubo de Rubik orixinal, un crebacabezas tridimensional inventado polo húngaro Erno Rubik hai 40 anos, está composto por seis caras de 3x3 cubos, coas cores amárelo verde blanco azul vermello e naranxa

Desde a súa creación fóronse creando novas versións con máis cubos, como o de 4x4x4 ou o de 5x5x5, ata chegar ao cubo de Rubik de 17x17x17, un enorme e non tan manexable cubo creado por un deseñador de quebracabezas holandés chamado Oskar van Deventer.

Este gran Rubik, que conseguiu o Récord Guinness en outubro de 2011, foi resolto por un youtuber -creador de vídeos de YouTube- e adicto a resolver estes crebacabezas, Kenneth Brandon. Conseguiu que todas as caras do cubo máxico teñan unha soa cor en sete horas e media.

Así se resolve o xigante cubo de Rubik
Brandon, que non resolveu o enorme cubo nun único día, senón en cinco, conta, nun vídeo estafe-lapse (acelerado)

Á parte desta versión reducida da resolución do 'súper cubo de Rubik', o seu artífice tamén subiu unha versión estendida do vídeo no que se pode ver paso a paso, durante 7 horas e 53 minutos como conseguiu este fito.



Luís Martinez Rodríguez

WIM HOF, O HOME DE XEO

Wim Hof, é posuidor de 20 premios 'Guinness World Records' por soportar temperaturas extremas. Escalou o Everest e o Kilimanjaro só en pantalóns curtos e zapatos, mantívose comodamente en baños de xeo durante horas, e correu un maratón no deserto sen auga.
Foto de Wim Hof/ explore.wimhofmethod

No 2005 Wim correu medio maratón descalzo nos fríos escenarios de Finlandia; é o primeiro en tentar este tipo de proezas no círculo polar ártico. Tres meses despois, escalou as ladeiras do monte Everest usando só pantalóns curtos a unha impresionante altitude de case 6,900 metros. Hai pouco impuxo unha nova marca mundial de resistencia ao frío ao estar inmóbil en contacto directo co xeo por unha hora e 12 minutos.

O Método Wim Hof:

É similar á Meditación Tummo (calor interna, practicado polos monxes tibetanos) e Pranayama (respiración yóguica). Con todo, é algo completamente distinto. Mentres Wim estudou ioga e meditación por moitos anos, esta técnica ven primordialmente do que el chama 'cold hard nature'. Ao someterse a si mesmo ás condicións da natureza, aprendeu a resistir as forzas extremas do frío, a calor e o medo.



 

Rubén Gómez Blanco

O ASCENSOR MÁIS GRANDE DO MUNDO

O incrible elevador de Bailong en Hunan, China, foi recoñecido como o elevador exterior máis alto do mundo nun evento marcado pola presentación do certificado de Guinness World Records. Esta marabilla mecánica ascende un total de 326 metros (1,070 pés), superando o desnivel dos cantiis do Parque Nacional de Zhangjiajie.
O tramo superior do elevador (171.4 metros) está construído no lateral dun cantil de cuarcita, ao atoparse por encima do nivel do chan.
O elevador ofrece unhas vistas espectacules das immensas formacións monolíticas que cobren a peculiar paisaxe, modelado pola acción da auga ao longo de milleiros de anos.
 Abertas ao público deas de Maio de 2002, as instalacións dispoñen de tres elevadores de dobre piso capaces de cubrir a distancia vertical en tan só 1 minuto e 32 segundos. Cada elevador ten unha capacidade total de 4,900Kg.





POR:MIGUEL LORENZO PERAL 4A

Record Guinness de Mutua Madrid Open

Para celebrar o seu 15 aniversario, Mutua Madrid Open e Adecco, unha compañía de recursos humanos, batiron o título de Guinness World Records de máis persoas controando unha pelota de tenis con unha raqueta á mesma vez na Caixa Máxica en Madrid, España. 
  
 Antes do primeiro partido do torneo, lograron o récord con 1,474 participantes, incluindo estrelas do torneo ATP como Stan Wawrinka, Kei Nishikoir, Tomás Berdych e Jo-Wilfried Tsonga.   

O evento de participación masiva foi organizado no recoñecemento dos miles de traballadores que contribuiron ao evento durante os últimos 15 anos.
 
O director do torneo, Manolo Santana, dixo: “é importante que a xente sepa que creamos moitísimos postos de traballo cada ano. Tería sido imposible que o Mutua Madrid Open cumplira 15 edicións sen os grandes traballadores que tuvemos e por eso creo que este récord foi un homenaxe fermoso para todos eles.”

Según o regramento oficial de Guinness World Records, os participantes tiveron que controar a súa pelota de tenis por un mínimo de 10 segundos. 


                                                                                                         Por Fran Martínez Feijoo