viernes, 2 de junio de 2017

O lugar máis peligroso e seguro do planeta

Vanuatu, o país máis perigoso do mundo
O país máis perigoso do mundo para vivir é Vanuatu, unha pequena república insular de 260.000 habitantes no Océano Pacífico Sur, segundo os datos recolleitos no informe World Risk Report de 2015 elaborado en colaboración coa Universidade das Nacións Unidas. Os números arroxan que máis dun terzo da súa poboación, o 36,37% ou 95.000 persoas, atópanse en risco cada ano.
Durante o ano 2015 sufriu en apenas unhas semanas un terremoto, unha erupción volcánica e o ciclón Pam senón tamén a preparación e a intervención posterior. Este último fenómeno deixou a máis de 75.000 persoas en estado de emerxencia e arrasou o 96% dos cultivos do terceiro país do ranking, Filipinas.De feito, o Leste de Asia e o Pacífico integran a rexión máis exposta ás catástrofes naturais e o mellor exemplo da diferenza entre os países que teñen recursos e os que non. Países como Xapón, que vive ameazado constantemente por terremotos e tsunamis, logran reducir o impacto grazas ao seu nivel de desenvolvemento.Para realizar este estudo tomáronse en conta datos públicos de 171 países, como o número de infraestruturas públicas ou a calidade dos servizos médicos, educativos e de vivenda.
                                                          
Catar, o país máis seguro do planeta
Catar, o país máis seguro do mundo. Cun risco do 0,08% e unha capacidade de resposta altamente puntuada, o país que acollerá o Mundial de Fútbol de 2022 non rexistra ningunha catástrofe natural desde que se teñen datos, é dicir, o ano 1900, segundo a Axencia Internacional de Desastres que ten recompilados máis de 11.000 sucesos. 
Unhas 36 millóns de persoas enfrontáronse a fortes fames negras por culpa dun fenómeno para o que non estaban correctamente preparadas segundo os datos que manexa a organización. Guinea Bissau, as Illas Mauricio ou Nixeria son algunhas das nacións que saen peor paradas. De feito, o informe sinala a seguridade alimentaria como o gran problema ao que se enfrontou o ser humano durante este ano.Estados Unidos é o exemplo de como un país pode defenderse das condicións adversas se ten o diñeiro necesario. A pesar de que ten un risco de catástrofe maior que o doutras rexións como o Congo, Laos ou Liberia, o forte investimento que realiza cada ano o fondo contra catástrofes fai que se consigan mitigar os efectos de fenómenos tan devastadores como os furacáns.


Jorge Cerviño Alonso 4ºA ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario