Un dos grandes dinosauros do Cretácico foi a especie Spinosaurus aegyptiacus, cuxo nome significa "lagarto espiñento" debido á súa
grande aleta dorsal.
Aínda que actualmente
atopáronse restos dunha posible segunda especie, denominada Spinosaurus
maroccanus, pénsase que ambas poden pertencer á mesma especie.
Ao Spinosaurus coñéceselle, en
trazos xerais, como un terópodo semi-acuático, cun cranio similar ao dun
crocodilo e unha gran vea dorsal.
O Spinosaurus foi un terópodo
que media entre 12 e 15 metros de lonxitude, aínda que algúns científicos
estiman que puido chegar a medir os 18 metros e o seu peso estaría entre as 4 e
6 toneladas.
Pero o seu principal e máis
rechamante característica é a aleta dorsal, coa que podía chegar a alcanzar
unha altura de ata 4 metros!
Posúe un cranio similar ao dun
crocodilo de aproximadamente 2 metros de lonxitude.
Ten unha unha mandíbula que
encaixa perfectamente por baixo do padal, de modo que quedaba
"hermeticamente pechada", parecido ao dos crocodilos. Aínda que o
morro do Spinosaurus se curva lixeiramente cara abaixo, impedindo que a presa
poida chegar a escapar.
A sua principal e máis
rechamante característica a gran aleta dorsal, a cal se atopa situada nas
costas, excedendo o metro de altura e outorgando ao Spinosaurus un aspecto
xigantesco e aterrador.
Nun principio pensouse que
podía ser usada para a termorregulación do corpo, de maneira similar a como o
puido usar o Dimetrodon.
Pero ao coñecer que as súas
presas eran principalmente animais acuáticos, cambiouse o pensamento a que esta
gran aleta dorsal puido ser usada para a natación, de modo que controlase a
dirección e axudase a ser máis hidrodinámico.
Por Fran Martínez Feijoo
No hay comentarios:
Publicar un comentario