- A compañía suíza quere aplicar a intelixencia artificial a sectores como o automóbil e as finanzas.
- Nnaisense, en comparación con outras compañías, ten unha formulación máis ampla, e propón "industrializar" a intelixencia artificial, creando solucións para toda clase de empresas, desde o sector automobilístico ao acerero, pasando polos servizos financeiros.
- Aseguran que a tecnoloxía desenvolvida pola compañía "non é simple teoría; funciona", e describe dous dos proxectos nos que traballan. Un deles consiste no desenvolvemento dun sistema de aparcadoiro automático para Audi. Nunha área de varios metros, o coche busca unha praza e aparca de forma autónoma. Como? O vehículo incorpora dous cámaras e dez sensores, e o computador de a bordo converte os datos en sinais de control para a dirección e o motor eléctrico. Mentres, o coche determina a súa posición, conduce ata o destino e xira e maniobra ata estacionar.
Rubén Gómez Blanco
No hay comentarios:
Publicar un comentario