A súa fórmula é: 2H2O2 → 2H2O(l) + O2 (g)
Os iones yoduro procedentes do yoduro potásico actúan como catalizadores que aceleran
o proceso sen consumirse no proceso. A presenza de iones yoduro cambia o mecanismo
polo cal ocorre a reacción:
H 2O 2 | + | I− | → | H 2O | + | IO− | ||
H 2O 2 | + | IO− | → | H 2O | + | O 2 | + | I− |
Coas lentes de seguridade postas, botamos ao redor de tres cuartas partes dunha cunca de auga osixenada na botella (as lentes son absolutamente necesarias, pois a auga osixenada pode irritarnos os ollos).
Acto seguido, engadimos un chorrito de colorante alimentario (unhas 8-10 pingas) e unha cullerada de deterxente líquido. Movemos suavemente a botella para que se mesturen as sustancias.
Doutra banda, nunha pequena cunca, mesturamos unha cullerada de fermento con tres de auga quente (máis ben morna, se está demasiado quente o experimento non funciona) e removemos ben durante 30 segundos.
Finalmente, vertemos o contido da cunca na botella e... que comece o espectáculo!
POR: MIGUEL LORENZO PERAL 4ºA
No hay comentarios:
Publicar un comentario