O Quetzalcoatlus foi un dos maiores animais voadores coñecidos de todos os tempos chamado así pola deidade azteca de Quetzalcóatl, a serpe emplumada, era un xénero de pterosaurios.
Orixe:
O Quetzalcoatlus viviu durante o período Cretácico, fai 80 - 65 000 000 anos. Os fósiles descubríronse nalgunhas partes de América do Norte.
Anatomía:
A lonxitude total do corpo era aproximadamente de 26 pés e a súa envergadura era de 39 pés entre as ás. O Quetzalcoatlus pesaba ao redor de 180 a 200 libras, tanto como un home adulto media. Tiña un pico moi longo que lle servía para coller aos pequenos animais do chan e logo tragarllos. Tiña os ósos do pescozo soldados e un cranio de 1,2 metros. Tiña unhas patas traseiras moi curtas e unhas ás moito máis extensas en comparación ao corpo das aves correntes. O ollo era enorme, de 10 cm de diámetro, e posuía 100.000 nervios ópticos.
Estilo de Vida:
Tiña unha dieta carnívora. Vivía en zonas interiores con lagos, pois para complementar a súa dieta necesitaba pescado. Este animal alimentábase dos restos de dinosauros mortos, pois non podía matalos. O Quetzalcoatlus era un animal pouco agresivo, se se encerellaba nunha pelexa contra un individuo doutra especie, tentaba fuxir.
Voo:
O seu método de voo depende maiormente do seu peso. Algúns investigadores suxeriron que estes animais empregaban un voo lento planeando, mentres outros concluíron que o seu voo era rápido e dinámico.
Extinción:
Este animal extinguiuse por culpa das choivas de lume do impacto, que, a pesar de que sobreviviron, os seus membros quedaron danados que non podían voar, e os ovos eran devorados polos mamíferos, ningún Quetzalcoatlus sobreviviu ao primeiros dez anos tras o impacto.
Rodrigo Justo Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario