As próteses levan entre nós desde fai miles de anos, da man de pioneiros como os antigos exipcios. O século XXI viu un florecemento nestas tecnoloxías grazas aos avances en robótica, intelixencia artificial, informática e impresión 3D. As novas próteses non só facilitan a vida a persoas que perderon unha extremidade: tamén permiten que os paralíticos volvan camiñar e mesmo que bebés con enfermidades incurables sobrevivan ata adultos.
Volver sentir
Con 18 anos, Nathan Copeland lesionouse a medula nun accidente. Non perdeu parte algunha do seu corpo, pero si o sentido do tacto. Unha década despois, un brazo robótico directamente conectado ao seu cerebro permitiulle volver sentir.
A investigación, publicada leste mesmo mes na revista 'Science Translational Medicine', presentou un novo tipo de prótese non orientada a recuperar membros amputados... senón sentidos danados. Todo grazas a un brazo robótico que Nathan controla coa mente a través de microelectrodos implantados na súa cortiza somatosensorial.
Prótese nunha perna
Pablo Vega Dos Santos
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario