- Esta é a ecuación dunha reacción, chamada a reacción da termita, coñecida como aluminotermia.
- É un tipo de composición pirotécnica de aluminio e un óxido metálico.
- O aluminio é oxidado polo óxido doutro metal, comunmente por óxido de ferro. Os produtos da reacción química son óxido de aluminio e ferro elemental libre, desprendéndose ademáis unha gran cantidade de calor. Os reactivos normalmente pulverízanse e mesturan cun aglomerante para manter o material sólido e previr a súa separación.
- A reacción libera radiación ultravioleta, perigosa para a vista, polo que debe evitarse o mirar a reacción directamente ou debe usarse unha protección especial. A termita non debe usarse preto de materiais inflamables, xa que se poden liberar pequenas cantidades de ferro fundido durante a reacción e derretir colectores de metal, incendiando os seus contidos.
- En usos militares usase para as granadas, como dispositivos incendiarios para destruir o enemigo. A reacción de termita pode ter diversos usos. Foi usada orixinalmente para reparar e soldar rodas de ferrocarril onde a reparación pode ter lugar sen quitar a peza da súa localización orixinal. Pode ser usada para o corte rápido ou soldadura de rieles sen requirir de equipo pesado.
MARTA RUA
No hay comentarios:
Publicar un comentario