A aplicación das células nais para tratar
enfermidades é un gran avance no campo médico. Varios experimentos demostraron
que as células nai son beneficiosas no tratamento de certas enfermidades. Como
en todos os sistemas, o sanitario non deixa de evolucionar e de resolver novos
problemas e enfermidades que xorden no día a día. Un dos primeiros
tratamentos das células nais foron dirixidos cara á leucemia. Por exemplo: O
transplante da medula ósea basease na terapia con células nais.
Usos potenciais das células nais:
§ Ataque fulminante, lesión cerebral traumática, defectos de aprendizaxe,
enfermidade de Alzheimer, enfermidade de Parkinson .
§ Calvicie
§ Cegueira
§ Xordeira
§ Cicatrización das feridas
§ Esclerose lateral amiotrófica
§ Infarto de miocardio
§ Transplante de medula ósea ( establecida actualmente)
§ Lesión da medula espiñal
§ Distrofia muscular
§ Osteoartrite Artrite reumatoide
§ Enfermidade de Crohn
§ Cáncer
Están investigando bastante sobre a lesión da medula espiñal para poder
erradicar a discapacidade ( 50 % provocada polos accidentes de tráfico) O tratamento con células nai mellor acreditado e utilizado é o de transplantes de células nai sanguíneas para
tratar enfermidades ou problemas do sistema sanguíneo e inmunolóxico despois de
tratamentos empregados co cáncer.
Jorge Cerviño Alonso
No hay comentarios:
Publicar un comentario