viernes, 11 de noviembre de 2016

O EMPREGO DE CÉLULAS NAI

En bioloxía empréganse basicamente dous tipos de células nai.                                                         
·    Célula nai embrionaria (pluripotentes): na actualidade son empregadas coma modelo para estudar o desenvolvemento embrionario e para entender cales son os mecanismos e os sinais que permiten a unha célula pluripotente chegar a formar calquera célula plenamente diferenciada do organismo. É frecuente na actualidade que se conxele a placenta do bebé, xa que no futuro sería unha importante fonte de células nai
·    Célula nai adulta: nun individuo adulto coñécense até o de agora ao redor de 20 tipos distintos de células ani, que son as encargadas de rexenerar tecidos en continuo desgaste (como a pel ou o sangue) ou danados (coma o fígado). A súa capacidade é máis limitada para xerar células especializadas. As células nai hematopoese da medula ósea (encargadas da formación do sangue) son as máis coñecidas e empregadas na clínica dende hai tempo. Na mesma medula, aínda que tamén no sangue do cordón umbilical, no sangue periférico e na graxacorporal atopouse outro tipo de célula nai, denominada mesenquimal que pode diferenciarse en numerosos tipos de células dos tres derivados embrionarios (musculares, vasculares, nerviosas, hematopoéticas, óseas etc.). Aínda que aínda non se puido determinar a súa relevancia fisiolóxica estanse a realizar abundantes ensaios clínicos para substituír tecidos danados (corazón) por derivados destas células.
As células nai poderíanse empregar para testar e probar medicamentos en tecidos          antes de se aplicaren a humanos. Os campos máis avanzados nos que se emprega a         célula nai atópanse na enxeñaría xenética, sobre todo en tecidos epiteliais ou óseos, ademais do sangue.


           







Por Fran Martínez Feijoo

No hay comentarios:

Publicar un comentario